domingo, 9 de setembro de 2012

MAYA PEDAL

Bicimuíño, bicilicuadora, bicibomba, bicilavadora, bicixerador . . . son só algunhas das bicimáquinas que a ONG guatemalteca Maya Pedal desenvolveu. Comezaron no ano 1997 co traballo dun grupo de canadenses da organización PEDAL para posteriormente constituír a Asociación Maya Pedal no ano 2001. Empregan partes de bicicletas usadas para construír Bicimáquinas que dan a persoas individuais e grupos a prezos subvencionados. Apoian pequenos proxectos auto-sostibles co fin de preservar ou mellorar o medio ambiente, a saúde, a produtividade e a economía das familias das áreas rurais de Guatemala. Coñece o seu traballo en Maya Pedal


Visto en Bicis.info.

Bookmark and Share

sexta-feira, 27 de julho de 2012

Alegría e pedal

O pasado día 26 de xullo xurdiu a idea de innovar o noso paseo crítico con danza e música directamente interpretada por nós. Expuxéronse moitas ideas que iremos poñendo en práctica nas seguintes convocatorias, mais para abrir apetito deixo a fantástica performance que fan os musicocliclistas Linsey Pollak, Ric Halstead, Brendan Hook. Nos seus paseos paran durante 7 minutos para interpretar esta peza musical coas súas selas.


Bookmark and Share