sábado, 23 de abril de 2011

Un non, un cambio na túa vida

Quizais sexa algo máis difícil que usar a psicoloxía inversa, pero intentádeo. Decote escoitamos deceas de anuncios publicitarios que venden as virtudes do coche, quizais só se precisa dun primeiro non rotundo que poida facer mudar á sociedade.




Bookmark and Share

terça-feira, 19 de abril de 2011

Feliz día da bicicleta!

Hoxe, 19 de abril, celébrase o Día da Bicicleta en todo o mundo. Non é unha data creada por consenso global senón que é unha efeméride en toda regra que nace dunha viaxe lisérxica de Albert Hofmann. Ese día de 1943, Herr Hofmann drogouse. Non era a primeira vez que o facía. O ácido lisérxico atraera, había un tempo, a atención do científico suízo, que investigaba os seus efectos no ser humano. O 16 de abril durante un experimento acabou absorbendo unha pequena dose do composto. "O primeiro que sentín foi unha notable relaxación combinada con certa vertixe. Unha nada desagradable sensación de intoxicación que ía acompañada dun estímulo extremo da miña imaxinación", contaba o investigador nos seus diarios. Tres días despois, o 19 de abril, decidiu drogarse voluntariamente para ver os efectos que o ácido producía no corpo. Da borracheira naceu o día da bici.

0.25 miligramos de LSD foi a dose que se meteu Hofmann. Unha cantidade que, tras varios cálculos, el supuxo que sería o suficientemente tóxica sen ser perigosa. Unha hora despois da inxestión, as facultades do doutor empezaron a verse alteradas. Estaba tan afectado que pediu o seu axudante de laboratorio que o levara á casa. Aínda que Suíza permaneceu durante a II Guerra Mundial oficialmente neutral, oficiosamente colaboracionista cos nazis mentres non descoidaba as súas atencións aos Aliados, en Basilea, onde Hofmann investigaba para laboratorios Sandoz, non se podía usar o coche. O axudante tiña a súa bicicleta á porta do laboratorio e levou ao investigador ata o seu fogar para que se lle pasase o subidón. Unha viaxe dun que viaxa.



Ansiedade, alucinacións co veciño do lado, ao que vía como unha bruxa maquiavélica (quizais porla influencia da recén estreada El Mago de Oz), e o temor de ter perdido a cabeza acompañaron a Hofmann no seu percorrido a pedais. Cando chego á casa empezou a icónica alucinación caleidoscópica, as cores e as formas extravagantes que marcaron á cultura hippy.

Esa primeira viaxe denominouse o Día da bici. Hofmann descubrira un inigualable psicoactivo cun gran potencial que pensaba que podería ser moi útil nalgúns tratamentos psiquiátricos. Non esperaba que fose do máis vendido en Woodstock. Despois, o investigador estudou os cogomelos alucinóxenos ou a salvia mentres o Día da bicicleta se transformou nunha cita global en defensa dos pedais.

Hoxe en varias cidades do mundo organízanse percorridos en bici, concertos e charlas para falar sobre outro tipo de mobilidade. Curiosa evolución. O mesmo tipo que descubriu o potencial do LSD, icona da cultura altermundista dos sesenta, fixou a data da celebración dos pedais, vehículo underground da postmodernidade.  

O mellor é que todo foi unha casualidade.

Feliz Día da Bicicleta!

Fonte: El País

Bookmark and Share

sábado, 2 de abril de 2011

KRITIKONA

BILBOKO KRITIKONA

(13-15 MAIO 2011)

(PROGRAMA PROVISIONAL)

Venres 13 de maio activo:

. Recepción en Kukutza: Pola tarde, a medida que as xentes bicicleteras vaian chegando.

. Masa Crítica luminosa: pola tarde-noite, cando vexamos que somos suficientes como para celebrar unha masa crítica, é dicir, mais de dous! Levaremos o que cada cual crea que poida iluminar o noso camiño, no sentido real e metafórico.

. Biziencierro: Pola noite as rúas do Kasko Viejo converteranse nun improvisado encerro onde as bicicletas deberán sortear os obstáculos máis impensables (taxi-miuras, autobuses de lidia.......)

Sábado 14 de maio reivindicativo:

. Bicis ao tren: Pola mañá. Porque xa vale de utilizar a ecoloxía como bandeira cando logo non nos deixan levar as bicis nos trens!

. Workshopping ao aire libre: Ao mediodía, talleres e peteirada nalgún parque, que pa iso somos de Bilbao!

. KRITIKONA MUNDIALA: A partir das 17 h, por todos os cantos de Bilbao e mais alá!!

. Concerto de La Malarazza en Kukutza: Fin da Kritikona e festa, ata as 12 en Kukutza e ata que as bicis aguanten en calquera outro lado.

Domingo 15 de maio erótico festivo:

. Batukada e Aparcadoiro Day: Ocuparemos calquera parque de novo para almorzar, relaxarnos, ultimar relacións, pasarnos os correos electrónicos e os teléfonos, sobala, e seguir bailando, os que nos soubese a pouco todo o anterior.

E toda a semana anterior (a partir do 9 de maio) Taller de Tall-Bikes en Kukutza!!!


Continuará...


Bookmark and Share