terça-feira, 10 de novembro de 2009

Masa Crítica: 29/09/09




Bookmark and Share

sábado, 31 de outubro de 2009

domingo, 13 de setembro de 2009

III MASA CRÍTICA GALEGA

Por terceiro ano consecutivo celébrase a Masa Crítica Galega, pero...


Que é a Masa Crítica? Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte.

Porque galega? O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións, intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.

Cando? A masa crítica celébrase en Lugo o sábado 19 de setembro de 2009 ás 17h, con saída da Praza Maior. Pero durante todo o día haberá actividades paralelas, convocándose ás 11:30h tamén na Praza Maior a todas as persoas que queiran participar. Tamén haberá a posibilidade de acudir desde outras partes de Galicia, en Coruña organízase unha ruta para chegar en bici a Lugo, e para quen veña de fora (organizadamente ou pola súa conta) haberá un Pavillón na cidade para durmir.

Anímate a participar desde evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!

Resumo de actividades:

11:30h - Praza Maior: Comezo de actividades
12:30h - Gasolineira do Miño: Talleres
(bicistorias, reparación, tuneado, acrobacias)
14:00h - Parque do Miño: Xantar Colectivo
17:00h - Praza Maior: Masa Crítica Galega
20:00h - CS Madia Leva: Festa !!!


Bookmark and Share

domingo, 5 de julho de 2009

Decenas de personas defienden el uso de la bici en Lugo con una «masa crítica»

Ler a nova na Voz de Galicia

Los seguidores de la iniciativa realizan un paseo colectivo por el centro de la ciudad una vez al mes

Autor:Lucía Rey
Fecha de publicación: 23/06/09

La bicicleta es, con diferencia, el vehículo más eficiente y mejor adaptado a la movilidad urbana. Y Lugo necesita mejorar mucho en ese capítulo. En resumen esa es la filosofía de la Masa Crítica de Lugo, un «movimiento no organizado» que nació hace más de año y medio y que una vez al mes celebra una marcha cicloturista por el centro de la ciudad. El último jueves de cada mes, a partir de las 20.15 horas, salen de la Praza Maior, bajan por la avenida de Ramón Ferreiro, suben por la calle San Roque, dan la vuelta a la Ronda y regresan al punto de partida por Bispo Aguirre.

En este paseo sobre dos ruedas lúdico y reivindicativo participan alrededor de cuarenta niños, jóvenes, adultos e incluso jubilados. «As iniciativas comunitarias son máis importantes cada día, porque estamos illados e necesitamos ideas que unan á xente», explicó uno de los integrantes del colectivo, Santiago Quiroga. «A bici -declaró- permíteche estar en contacto coa natureza, cos demais; no coche vas pechado, illado».

La «masa crítica» tiene presencia en cerca de 60 ciudades españolas y se autodefine como «coincidencia organizada» de ciclousuarios que dan un paseo colectivo reivindicando el uso de la bici como medio de transporte ecológico, económico y saludable. «En Lugo somos xente que nos movemos coa bici e que vemos que é necesario un compromiso real coa mobilidade sostible e ecolóxica na nosa localidade», apuntó Quiroga. A los beneficios para la salud, se une la reducción de la contaminación atmosférica y acústica, que puede hacer de Lugo «un espazo máis limpo, humano e respectuoso co presente e devir». «Os postos de préstamo do Concello están ben, pero tes que devolver a bici en dúas horas [...] Promóvena para dar un paseo, pero o lóxico sería que ti a poideses coller cando quixeses», señaló Quiroga.

Junto a la falta de concienciación, otros problemas de Lugo son: la falta de carriles bici, la carencia de enganches para velocípedos frente a centros educativos, culturales o la estación de bus y de tren, entre otros. El grupo también pide campañas de educación vial. Los interesados pueden suscribir un manifiesto en el blog: masacriticalugo.blogspot.com. Por el momento llevan recogidas alrededor de mil firmas.

Masa Crítica Galega

Al parecer, la ciudad amurallada tiene muchas posibilidades de acoger la Masa Crítica Galega en septiembre, coincidiendo con la Semana europea de la movilidad. Centenares de aficionados a la bicicleta participarán en esta cita lúdica y reivindicativa a nivel autonómico.

Bookmark and Share

sábado, 20 de junho de 2009

terça-feira, 16 de junho de 2009

Aumenta o uso da bicicleta e do transporte público na USC


A mobilidade sostible comeza a calar entre a comunidade universitaria, que nun ano diminuíu nun 15 % o uso do coche para os seus desprazamentos. Os datos, de 2008, sinalan ademais que para desprazarse aos centros docentes os estudantes e traballadores da USC optaron polo autobús e a bicicleta, cuxos usos se duplicaron.

Cada ano a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación, desenvolve un estudo para coñecer os diferentes hábitos de transporte dos estudantes, PDI e PAS nos campus de Lugo e Santiago. Da enquisa, realizada nesta ocasión a 1.297 membros da comunidade universitaria, despréndese que máis da metade se desprazan aos campus a pé, o 33’6% en coche e o 23’8% en autobús. E aínda que o uso da bicicleta se duplicou entre o persoal universitario, a porcentaxe segue a ser escasa, só o 3’5%.

O estudo tamén amosa que existen diferenzas de hábitos entre colectivos. Mentres que os estudantes se desprazan fundamentalmente a pé, o automóbil é o medio de transporte que máis empregan o persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos, aducindo maioritariamente vantaxes de comodidade e rapidez. En Lugo, os usuarios de bus falan do seu prezo asequible fronte a outros medios de transporte.

Mobilidade sostible na USC
O estudo forma parte das diversas iniciativas que dende o Plan de Desenvolvemento Sostible se está a desenvolver para fomentar unha mobilidade sostible e entre as que destacan o programa ‘Comparte coche na USC’, o préstamo de bicicletas e unha web interactiva onde se ofrece información sobre as liñas de autobuses que paran nos diferentes edificios universitarios. Atópase tamén no web unha ruta en bicicleta unindo os distintos campus de Santiago.

Bookmark and Share

terça-feira, 19 de maio de 2009

O COCHE: O SEU NEGOCIO, O NOSO PROBLEMA!


Non me dirixo a ti. Non escribo isto para ti porque sei que endexamais o entenderás. Alomenos ese ti que cres ser. Porque sei que ti, en tanto que individuo, só vas defender os teus intereses individuais, e pensarás en función deles. Nisto si estarás dacordo, pero creo que en nada máis.


Esa persoíña que cres ser é máis ben o resultado dunha costrución sicolóxica e cultural, e cumpre unha función en último termo económica. Aínda que o ignores ou pretendas facelo, hai toda unha complexa maquinaria deseñada para que ti sexas ti e para que actúes conforme ao que a ti che interesa. Porque diso dependen os beneficios dalgúns, os beneficios dos máis poderosos.


Por iso toda a publicidade do mercado si se dirixe a ti. A ti que es especial, a ti que o mereces, a ti que podes…en definitiva, a ti que compras. Porque o resto pouco importa.



Unha vez costituido como individuo, unha vez programado, xa estás preparao para facer o que che manden pensando que o fas porque ti queres. Xa está montada a personaxe, e seguramente te identificarás plenamente con ela: bah, é que eu non penso así, eu non o vexo asá, é que esta é a miña forma de ser, é que eu son así


De feito, rachar con esa identificación molestaríache un huevo. Deixar de obedecer fecendo o que ti queres, resultaría moi doloroso e nin sequera serías capaz de facelo por ti só. Despois de todo, fuches educado para mirar polo teu sempre e en todo lugar, e mudar todos eses hábitos non é doado.


Imaxínaste unha marioneta autopropulsada? Zombis teledirixidos? Pouco máis ou menos así somos a suma de tis que chaman cidadáns, consumidores, ou mesmo, como Rajoy di, persoas: “o que a min me interesan son os dereitos das persoas”. Claro, de esas persoíñas individuais tan ben feitiñas que xa fan por si soas o que hai uns anos tiñamos que impoñerlles mesmo pola forza... Estupendo.


Ben, pois non é a ese ti de deseño a quen escribo, senón á conciencia que aínda poida quedar por baixo del. Dado que ela aínda bule por baixo do meu ti, confío en que esté presente tamén baixo do teu. E fágoo a propósito dun dos temas que máis definen cada individuo, cada ti, pero tamén dos que máis matan e máis foden o entorno onde vivo: os cocheciños de cada ti, os automóbiles individuais.


Lembro abraiarme moito cando de rapaz escoitei dicir que os coches eran unha inutilidade. Que raro se me fixo! Probabelmente tan raro como a ti agora, non? Escoitar aquelo foi unha sorte, claro. Hai moita xente que non o escoitou nin o escoitará na vida. Que nunca se plantexará nada, que nunca se cuestionará nada disto: que obedecerá mercando, e se pode ser un buga de 5 ou 6 kilos mellor que de 3, así será un ti máis especial aínda.


Aquela afirmación sorprendeume porque eu, coma todo rapaz de 18 ou 19 anos (que son os que tería daquela), soñaba con ter o meu propio buga, para moverme á miña bola cando eu quixera. Ademáis, claro, como se podía dicir que o coche, o aparello que máis liberdade nos dá, é unha inutilidade? Ah! Pero visto dende hoxe, cun pouco máis de conciencia, ogallá fose só unha simple inutilidade!


Comecemos polo principio. Antes, aínda que algúns non o saiban, non había autoestradas asfaltadas. Antes había carreteras por onde circulaban carretas. Dígoo porque a moitos cóstalles imaxinar un mundo sen a Rede de Estradas do Estado, pero tal mundo exisitiu. Argumentan que sería imposíbel levar o tren a todos os pobos, pero sen embargo ignoran que as estradas, que hoxe invádeno todo, supoñen un coste moito maior. Se de levar o tren a todos os pobos dependeran os beneficios das grandes multinacionais, tede por certo que todas as aldeíñas estarían xa comunicadas mediante AVE. Eis a verdadeira razón da aposta institucional e económica polo automóbil: a razón do beneficio.


Non imos facer aquí un repaso histórico pormenorizado. Lembremos simplemente que o tren viñera resolver unha necesidade obxetiva de trasporte terrestre, tanto de persoas como de mercadorías. Que durante un tempo foi un obxecto de investimento moi atractivo para especuladores, e por iso dispuxeron a rede en función dos seus intereses, e non nos da xente. Pero logo descubriron un negocio moito mellor: vender un vagón para cada un (para cada ti) xeneraría moitos máis beneficios de todo tipo ca un para todos. Este descubrimento non foi casual, senón que foi coincidir no tempo co nacemento do Capitalismo Trasnacional e Especulativo (a forma de capitalismo que hoxe vai meténdonos nunha nova crise antes de que remate de todo a anterior). Foi coincidir co momento en que a economía acabou por pasarse de rosca: xa non íamos producir só en función das necesidades reais; senón que inventar novas necesidades e logo poñer á xente a traballar para satisfacelas, daría moitos máis cartos a aqueles que obteñen o seu beneficio do traballo dos demáis. Este cambio produciuse xustamente cando foi inventado o coche (entroutras moitas cousas, claro), e, curiosamente, cando comezou tamén a xeneralizarse a publicidade, que sería a encargada de convertir as novas ofertas de consumo en necesidades artificiais.


Se lembro todo iso, é porque cómpre non esquecer en que contexto naceu o coche para coñecer a súa verdadeira función.


A partir de aí o negocio taba servido: primeiro, como todo, se produciron uns poucos coches para que só os ricos poideran telos, pero iso non era negocio. Logo chegou o señor Henry Ford para sacalos como churros das súas fábricas a un prezo máis asequíbel: Así tamén as clases medias poderían mercalos e o negocio sería aínda maior.


E despois de forzar a dependencia deles, e de afogar as alternativas, seguiron vendéndonos coches e máis coches, ata que cada familia tivo un, ou dous, ou tres, ou un para cada membro.



Pero o mellor ven agora, no medio da crise, cando todos, ou case todos temos xa coche (despois de pagalo ben pagado, claro está), cando hai un parque de segunda man nada despreciábel, agora as empresas xa non teñen a quen venderllos. E entón, coma o caso é manter o negocio aínda que este sexa inútil, agora veñen a dicirnos que os cambiemos, que nos compremos un máis ecolóxico ou máis seguro. E mesmo ven o goberno a axudar a todas esas empresas cos nosos cartos para seguir estafándonos! Manda carallo! Que pouca vergoña! Non se viu que axudaran así a todas as explotacións gandeiras que foron forzadas a pechar por culpa dos políticos, de Bruxelas ou da nai que os pariu… E iso que producían algo ben máis necesario…


E claro, simultaneamente, adicámonos a encher o país de carreteras para fabricar así a distancia que poidera dotar aos coches dunha presunta utilidade. A crear o espazo de liberdade que o coche nos permitiría percorrer (curiosa liberdade esa na que outros marcan o camiño…).


A construción de todas estas estradas acabou por deixar ao tren nun segundo plano. Cantas estacións e apeadeiros de pobos pecharon dende entón? E na maioría das cidades, os tranvías foron tamén arrinconados. Todo estaba resolto: xa non nos farían falla porque todos íamos ter o noso propio tren particular…


Máis cedo que tarde chegaron os problemas. O primeiro no tempo foi nas cidades onde a multitude de coches comezou a atrancar o tránsito. Atropelos aparte, montábanse (e móntanse) uns follóns de carallo, así que houbo que botar man outra vez do tranvía. Pero coma o espazo taba ocupado polos coches, tiveron a xenial idea de escarbar coma toupeiras para metelo baixo terra, e entón naceu o metro. Pero a pesar diso, o coche seguiu a atrancar, porque resulta que todos, tan libres como somos cada un co seu coche, eliximos movernos ás mesmas horas! Xa é mala hostia, vaia casualidade, non? Váisenos ocorrer exercer a nosa liberdade todos ás mesmas horas, os mesmos días e para os mesmos destinos: resulta que á 8 saimos para o choio, resulta que ás 2 marchamos comer, resulta que ás 8 voltamos para casa, que a ponte da Constitución ímonos de excursión e que cando fai bon tempo imos á praia: que tíos máis raros! E que libres coas súas rarezas! E para iso facíanos falla un tren particular?!


Pero o problema dos atascos non é nin moito menos o pior.


As estradas son unha carnicería. Animais aparte, cada ano morren na Rede de Estradas deste Estado máis de 3000 persoas. Unha cifra propia dun conflito armado (lembremos que nos salvaxes ataques israelíes contra Gaza deste pasado Nadal morreron 1300 persoas). Coñecedes algunha outra forma de terrorismo con máis vítimas?



Con esta cantidade de cadáveres sobre a estrada, ano tras ano, resulta cando menos cínico que se siga a falar de accidentes. Como é posíbel que non se cuestione este Sistema de Transportes? Como é posíbel que os ministros e demáis executivos desta Administración continúen nos seus cargos? E o que é aínda máis incomprensíbel: como é posíbel que nós asumamos esta lotería negra con tanta resignación?


Cando tres ou catro rapaces de 18 ou 20 anos morren na estrada tras sairse o seu coche de 200 cabalos nunha curva, de quen é a responsabilidade última? É única e exclusivamente súa? Non terá tamén algo de responsabilidade o Sistema que primeiro os seduce e engana e despois lles vende un vehículo que pode circular ao dobre da velocidade máixima permitida? A que tanta hipocrisía?


Cando nun pequeño tramo de estrada morren 40 persoas en 5 anos, non hai máis responsabilidade ca dos conductores imprudentes? E se despois desas mortes decídese modificar o trazado por ser de alto risco. Que pasa coa Administración que costruiu esa trampa mortal? Que pasa cos enxeñeiros e os responsábeis políticos?


Se afirmáramos que as mortes na estrada non son accidentes senón Terrorismo do Estado e do Capital, a meirande parte da xente discreparía. A maquinaria de creación de opinións individuais demostra unha grande eficiencia, para lamento duns poucos. Pero o ano que ven, volverán a caer 3000. E iso si é absolutamente lamentábel, para todos.


Non rematan aí os lamentos que bulen por baixo da persoíña. O seguinte en orde de importancia tería que ver co que eles chaman o impacto medioambiental, e que nós chamariamos desfeitas de todo tipo. Non son só as fincas que nos quitan ou as terras que arrasan coa costrución cada vez máis masiva de estradas por todos laos, de estradas vellas que son ancheadas, para despois ser sustituídas por outras novas que cambian o trazado, para un pouco máis tarde quedar medio abandonadas tras a costrución dunha autovía ou autopista. Non son só os numerosos e infinitos oitos e circunvalacións que te levan por máis lonxe para non ter que tar parado no medio dun atasco, os incontábeis cruces que son recostruidos porque acaban atascaos e resultan perigosos, os temerarios carrís de incorporación nos que tes que cruzarte con veículos que queren ir xusto pra onde ti queres sair. Non son só as rúas e prazas da cidade que os coches nos rouban. Rúas onde in os nenos poden xogar nin os vellos camiñar. Rúas que xa non son rúas, senón autopistas, que mesmo as veces non se poden nin cruzar porque hai unha mediana e pasan varios carrís. Onde está a cidade? Onde aquel espazo habitábel? Aquel lugar de encontro… Os núcleos onde vivimos son xa circuitos deseñados para autos.



Pero non é só isto (que como a vosa paciencia dicta non é pouco), senón que temos tamén o problema da contaminación. E non pensedes só na xenerosa contribución que os gases dos coches fan ao cambio climático, ou ás nosas alerxias, asmas, cancros etc, senón tamén nos insoportábeis ruidos que tantos desvelos provocan, ou na enorme cantidade doutro tipo de residuos que este caos organizado xenera. Como calquera ecólogo podería certificar, sempre e cando non estivera contratado pola General Motors, o coche privado é un sistema de trasporte insustentábel a nivel global, un verdadeiro ecocidio universal.


Está tamén, claro, o individualismo que o coche reforza. Queixámonos decote de que cada un vai ao seu, do individualismo e materialismo da sociedade actual. Pois a verdade que non creo que ir a diario nunha burbulla pechada e case insonorizada, axude moito a facer relacións sociais… Como non podería ser doutro xeito, xa que coche, capitalismo e individualismo son só tres manifestacións aparentes da mesma substancia-esencia inmanente.


E por que será que cando conducimos a todos nos cambia o carácter? Semella unha misteriosa máquina infernal… Quen non se cabrea ao volante? Tampouco iso creo que axude moito á hora de aceptar ao concidadán. Porque nesta realidade tan ben administrada, o outro non é xa un compañeiro de viaxe, alguén que nos acompaña. En condicións normais pasa a ser un competidor polo espazo público, pouco máis ca un estorbo do que cómpre desembarazarse canto antes. E claro o circuito está cheo de estorbos. Como para non estresarse!


Morte, terra destrozada, aire envelenado, espazo roubado, encontro prohibido, estorbos multiplicados… Pensas que remata aí a cousa, pois non. Non se vaian todavía, aínda hai máis. Quédanos o engano económico. Se poidéramos calcular o aporte ao PIB directa ou indirectamente derivado da industria, uso e abuso do automóbil, atoparíamonos co despilfarro. Pensádeo por un momento: fabricantes de todos os compoñentes, trasporte desas compoñentes, trasporte e ventas de veículos, financiación, DGT, autoescolas, petroleiras, currantes das gasolineiras, talleres de manteñemento, corpos de seguridade, seguros, ITVs, manteñemento de estradas, grúas, ambulancias e sanidade, funerarias etc etc etc. A lista de subsectores relacionados é inmensa! Claro que se non andivéramos no noso coche persoal, toda esta xente non tería traballo, diredes[1] ... E a resposta é clara: non no Capitalismo. O Capitalismo vive do Beneficio e para xenerar Beneficio hai que currar, o de menos é que ese curro sexa innecesario (iso si: o Beneficio xeneralmente o chupa outro; ti quedas co salario e o traballo, e gracias, claro!). Pero iso non significa que toda esta xente e nós non poidéramos vivir ocupados naquelas actividades que foran realmente necesarias, repartíndonos o traballo, o tempo libre e a riqueza por igual. Non se trata de volver ao pasado. Trátase de abrir a porta ao que podería ser xa, dados os nosos coñecementos actuais. Se antes habíamos de currar unha semana para labrar un campo e hoxe podemos facelo nunha mañá, porque non podemos exixir menos traballo e igual ou maior riqueza?


Os cartos que o goberno nos quita para darllos ás empresas do automóbil, son o colmo do despilfarro. Como se non pagáramos xa abondo esta irracionalidade, este caos no que poñemos os mortos, a terra, o noso aire, as nosas cidades, as nosas cotas da letra do coche, os impostos dos carburantes, o seguro etc etc etc, agora veñen levar os nosos impostos para darllos a eses que se lucran de todo esta desfeita. Como pasa tamén cos bancos, semella que o pastor decidiu utilizar o leite do rebaño para alimentar ao lobo! Bon pastor temos!


E a ninguén se lle ocorreu pensar nunha reconversión? Nunha restruturación do sector (que chaman eles)? Non lles doeu nin tremeu a mao cando, por imperativos do Mercado, asinaron as do sector naval ou gandeiro, con xente que precisaba moita máis axuda ca Volkswagen ou a Mercedes e que, unha vez na puta calle, houbo de buscarse a vida por si soa.

Concretemos, en fin, que xa teño abusado da vosa paciencia. O abuso do automóbil non é racional, por máis que a ti como individuo che mole (a verdade é que como individuo atoparás no coche o mellor complemento!). É terrorismo, é un ecocidio global, é un roubo e un despilfarro de vida e enerxía. Os coches son unha inutilidade asasina, pero unha inutilidade moi rentable… Hai medios de trasporte moito máis racionais, máis eficientes, máis cómodos, ecolóxicos e seguros. Só hai unha razón pola que non os disfrutamos; só hai unha razón pola que o Estado non os desenvolve como fixo co automóbil: non son tan rendíbeis. E claro, ¿cal é a lóxica que move ao Estado e ás Grandes Empresas que Este defende: o sentido común ou a lóxica da rendibilidade?


Agora se queres, podes seguir sendo ti mesmo…


[1] Aínda que seguramente non sexa o Traballo en si o que máis adoren, senón os medios de vida para poder vivir dignamente, cando menos. Non é?


NACHO. Masa Crítica Lucense

Bookmark and Share

domingo, 26 de abril de 2009

A CRITICONA 2009

Masas críticas do mundo e ciclistas urbanos cosmopolitas xuntos durante 3 días pedaleando en Madrid demostrando que SOMOS TRÁFICO!!

Bicis de todas partes acudide á máis grande Critical Mass!!

PROGRAMA

MÉRCORES 29 de abril
20:00 Masa Critica de Alcalá. Lugar: Plaza de los Santos Niños,Alcalá de Henares.


XOVES 30 de abril
20:00 Bici Critica Madrileña. Lugar: Plaza de Cibeles


VENRES 1 de mayo
11:00 Paseo turístico/cultural por Madrid. Lugar: CS Seco
12:00 Friki Taller de Bicis .Lugar: CS Seco.
17:00 Proxeccion de We Are Traffic. Lugar: CS Seco
19:30 Alley Cat. Dress Code: Capucha negra. Mas info aquí Lugar: Estatua Angel Caído, El Retiro
22:00 Madrid La nuit. Bici+Tapas. Lugar: Plaza de Cibeles


SÁBADO 2 de maio (A Criticona e as festas do 2 de maio do Patio Maravillas)
12:00 Taller popular de bicis e decoración para A Criticona. Lugar: Plaza Juan Pujol
14:00 Comida popular, sesta e saída para A Criticona. Lugar: Plaza Juan Pujol
18:00 A Criticona, Masa Critica Interplanetaria. Lugar: Plaza de Cibeles
21:00 Festa e Concerto de La Malarazza .Lugar: CSO El Dragón.


DOMINGO 3 de maio
13:00 Resaca,vermú, picnic, bicos, apertas e ligues de última hora no parque da Cornisa. Lugar: Parque de la Cornisa

terça-feira, 31 de março de 2009

quarta-feira, 11 de março de 2009

COMPARTE COCHE EN LUGO

O proxecto COMPARTIR COCHE nace da vontade do Concello de Lugo de fomentar entre a poboación un uso máis racional do coche. O servizo, consiste en facilitar o encontro de persoas que están interesadas en compartir o vehículo privado para realizar unha viaxe.

OBXECTIVOS

* Facilitar aos cidadáns e cidadás do Concello de Lugo outra alternativa nos seus desprazamentos tendo en conta medidas de sostenibilidade na movilidade.
* Diminuír a contaminación e o consumo energético producido polos vehículos privados.
* Mellorar a utilización do espazo público


¿COMO ACCEDER AO SERVIZO?

* Para ir ao traballo

Se vas a algún dos centros de traballo dos arredores, e tes que realizar sempre un mesmo itinerario co teu vehículo privado ou buscas persoas con quen compartir o coche podes compartir coche para ir traballar.

* Para ir á universidade

Se estudas ou traballas na universidade e buscas con quen compartir un mesmo viaxe cara a calquera das universidades podes compartir coche para ir á universidade.

* Para ir de viaxe

Se fas viaxes esporádicos ou non regulares, xa sexa noutras cidades ou ata o estranxeiro, aquí poderás atopar persoas interesadas en compartir os gastos da viaxe. Accede a compartir coche para ir a outros destinos.

¿COMO FUNCIONA?

Mediante este servizo verás as persoas que están inscritas para realizar unha viaxe parecida ao teu. A través do correo electrónico poderás poñerte en contacto con elas. Verás cales son as súas preferencias, se dispoñen ou non de coche, motivo da viaxe, e toda unha serie de datos para facer máis fácil o encontro de compañeiros e compañeiras de viaxe. Poderás deixar unha mensaxe electrónica a aquelas persoas que consideres que son adecuadas para compartir un ha mesma viaxe. Todo de forma inmediata e sen intermediarios.

PD: A ver cantos concelleiros utilizan este servizo... Eu aposto a que nin o de transportes fara uso del.

Bookmark and Share

segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009

Fotos. Masa Crítica. Xaneiro 09


Bookmark and Share

sábado, 24 de janeiro de 2009

1º ANIVERSARIO MASA CRÍTICA


Bookmark and Share